Censo de proxectos musicais

Xa está aberto ‘A Coruña é! música’, un censo para proxectos musicais en activo de #ACoruña e comarca, que pon en marcha a sección Músicas ao Vivo Coruña, co apoio do Concello da Coruña.

O obxectivo fundamental é dar a coñecer de xeito oficial o talento dos proxectos musicais activos en A Coruña e na súa comarca, para tentar favorecer e mellorar o consumo de música próxima na cidade.

Esta lista de proxectos visibiliza a escena musical coruñesa, sendo os propios artistas os encargados de rexistrarse na plataforma online desta web nos prazos correspondentes, así como de aportar os datos requiridos para formar parte do mesmo. Este censo pretende converterse nunha ponte de comunicación directa, polo que funciona para o seu uso entre outros programadores culturais públicos e privados da cidade.

Podedes inscribirvos aquí: http://bit.ly/censoCoruña

 

Nace A Coruña Respira Música

Semana adicada ás Músicas ao Vivo

A Asociación galega Músicas ao Vivo, a través da súa sección MAV Coruña, organizará na cidade de A Coruña un evento de 6 días baixo o nome de A Coruña Respira Música.
As actividades previstas entre o 10 e o 15 de decembro contan co apoio económico do Concello da Coruña e o seu obxectivo é ofertar unha serie de actividades dirixidas aos músicos e músicas da cidade e da súa area metropolitana para contribuír á súa formación e darlle unha visión global sobre o sector musical e os seus retos no presente e no futuro.
Este plan de promoción e produción para músicos e músicas contará con actividades abertas ao público. Están confirmadas unha serie de clases maxistrais centradas en diversos conceptos e disciplinas musicais. Artistas dun prestixio indiscutible compartirán os seus coñecementos durante as mañás do 11 ao 13 de decembro na Escola Municipal de Música. Xabier Díaz, Luis Pastor , Sumrrá e Narci Rodríguez serán os responsables destas formacións sen custe ningún.
As tardes do 10 ao 14, entre o Centro Cívico da Cidade Vella e o Garufa Club acollerán charlas formativas sobre diversos aspectos relacionados cunha carreira musical, … se queres saber máis e apuntarte aos distintos eventos, preme aquí.

Quen somos?

Manifesto MAV Coruña

A Coruña é a música

A Coruña ten unha relación intrínseca coa música, aquí foi onde se gravou o primeiro disco galego en 1904, onde tivemos a primeira tenda de música en Galicia, onde naceron e se criaron artistas de sona internacional e cunha tradición que abrangue dende a música clásica ata o folque, pasando polo rock ou mesmo o pop. A Coruña é cidade mariñeira e tamén peirao de músicas e músicos que se achegan a calquera recanto do mundo. Hoxe en día a música e o músico da cidade viven unha situación crítica debido a que se traballa sen un marco normativo [ler máis]